Connect with us

Voleibol

Emevé xuvenil feminino recibirá a Korbis co liderado da Primeira División en xogo

O equipo xuvenil feminino de Primeira División do Emevé sumou unha nova vitoria ao superar ao Teis por 3-0, nun encontro no que as lucenses impuxeron o seu xogo con eficacia e serenidade.

Os parciais foron 25-23, 26-24 e 25-13, reflectindo un partido moi competido nos dous primeiros sets, que o Emevé resolveu con oficio nos puntos decisivos, e un terceiro no que dominou con claridade para pechar o encontro con autoridade.

Con este resultado, o Emevé sitúase como colíder da categoría, mantendo o pleno de vitorias nos tres partidos disputados.

Na próxima xornada, o equipo lucense afrontará un derbi provincial ante o Korbis, un duelo directo entre os dous primeiros clasificados no que o liderado estará en xogo na Casa do Deporte.

Advertisement