Connect with us

Voleibol

Emevé San Lorenzo cadete buscará ante Maniotas recupear o segundo posto

As lucenses manteñen a terceira praza e deixan boas sensacións nun encontro esixente

O equipo infantil cadete de Terceira División do Emevé San Lorenzo non puido sumar en Riveira, onde caeu por 3-0 (25-17, 25-21 e 25-17), nun partido máis igualado do que reflicte o marcador final. As lucenses amosaron competitividade, capacidade de reacción e un xogo sólido en fases importantes do encontro, fronte a un rival que soubo aproveitar mellor os momentos decisivos.

O primeiro set estivo marcado pola intensidade inicial das locais, aínda que o Emevé respondeu con orde e boas accións colectivas. No segundo parcial chegou o tramo máis equilibrado do partido: as lucenses mantiveron o pulso ata o final, con boa lectura en defensa e acerto en ataque, pero pequenos detalles inclinaron o set do lado de Riveira. O terceiro volveu seguir un guión semellante, con Emevé insistindo e competindo ata os últimos puntos.

Malia a derrota, o Emevé San Lorenzo continúa terceiro na clasificación, unha posición que confirma a regularidade do grupo e o traballo realizado ao longo da tempada. O equipo segue medrando, amosando personalidade e capacidade para competir en escenarios complicados.

Na próxima xornada, as lucenses volverán xogar a domicilio nun duelo directo polo segundo posto fronte a Maniotas, unha cita clave na que o Emevé buscará transformar as boas sensacións en puntos e seguir aspirando aos postos altos da táboa.

Advertisement