O equipo júnior feminino do Emevé non puido superar ao Teis e caeu por 0-3 nun encontro no que, a pesar do esforzo e a loita, as lucenses non atoparon continuidade no xogo.
Os parciais foron 15-25, 23-25 e 18-25, reflectindo un partido no que o Emevé mellorou co paso dos sets, quedando moi preto de levar o segundo, pero o Teis soubo resolver mellor os momentos decisivos.
Con este resultado, o Emevé acumula a súa segunda derrota neste inicio de tempada, nun inicio no que o equipo segue buscando as mellores sensacións de xogo.
Na próxima xornada, o conxunto lucense volverá xogar na Casa do Deporte, onde recibirá ao Santiago, que só disputou un encontro neste inicio de curso e que tamén caeu derrotado.