Connect with us

Voleibol

Emevé infantil masculino pechou o 2025 con cinco vitorias consecutivas

O Arenal Emevé mantén a súa gran dinámica cun triunfo claro ante Oleiros

O Arenal Emevé continúa medrando na Primeira División infantil masculina e sumou unha nova vitoria na Casa do Deporte tras impoñerse por 3-0 a Oleiros. Os lucenses amosaron un bo nivel colectivo e unha clara progresión, confirmando o seu excelente momento de forma cun triunfo que supón a quinta vitoria consecutiva.

O primeiro set estivo claramente dominado polo Arenal Emevé, que entrou moi concentrado no encontro. Cun xogo ordenado e efectivo, os lucenses marcaron diferenzas desde os primeiros puntos e pecharon o parcial cun contundente 25-11.

No segundo set chegou o momento máis igualado do partido. Oleiros elevou o seu nivel e obrigou ao Arenal Emevé a esixirse ao máximo. Nun final axustado, os lucenses mantiveron a calma e souberon resolver os puntos decisivos para levar o set por 26-24, un parcial clave para encarrilar a vitoria.

Xa no terceiro set, o Arenal Emevé volveu impor o seu ritmo. Cun xogo sólido e sen concesións, os lucenses controlaron o marcador e pecharon o encontro cun 25-15 que confirmou unha actuación moi completa.

Con este resultado, o Arenal Emevé pecha o 2025 en clara liña ascendente, encadeando cinco vitorias consecutivas que reflicten o bo traballo do equipo.

A competición retomaráse en 2026 cun novo reto para os lucenses, que visitarán a Boiro, quinto clasificado, nun encontro que servirá para medir novamente a evolución do Arenal Emevé nesta categoría.

Advertisement