
O Arenal Emevé acadou a súa terceira vitoria da tempada tras impoñerse ao Oleiros por un contundente 3-1. O encontro, correspondente á Primeira División, disputouse cunha gran intensidade, onde as xogadoras lucenses souberon reaxir despois dun mal inicio para acabar dominando con autoridade.
Primeiro set (15-25): O partido non comezaba da mellor maneira para as xogadoras do Emevé, que cometeron varios erros en saque e recepción. Isto permitiulle ao conxunto coruñés tomar vantaxe rapidamente (5-10) e xestionar comodamente o primeiro parcial, pechándoo cun 15-25 a favor.
Segundo set (25-22): No segundo set, o Emevé conseguiu controlar mellor os erros e mellorou considerablemente o saque. Aínda que foron por detrás no marcador, a diferenza nunca superou os tres puntos. No tramo final (17-20), as lucenses sacaron o seu mellor xogo. Grazas a tres bos saques de Elena e Paloma, lograron darlle a volta ao marcador e pecharon o set con vitoria por 25-22.
Terceiro set (25-12): As xogadoras do Emevé saíron moi concentradas e afiadas no saque, conseguindo catro puntos directos, contrarrestados por outros cinco das xogadoras de Oleiros. O parcial mantivo a igualdade ata que Paloma chegou á zona de saque con 11-10 e, con varios aces e o apoio das súa compañeiras na defensa, conseguiu levar ao equipo ata o 24-11. Finalmente, pecharon o set cun contundente 25-12.
Cuarto set (25-11): O equipo lucense entrou con moita intensidade e rapidamente colleu unha vantaxe de 7-2, grazas a un gran nivel de saque e a unha defensa moi atenta cada vez que o Oleiros intentaba devolver o balón. A superioridade foi evidente e, sen dar opcións ao rival, pecharon o partido cun claro 25-11.
A clave do partido: A mellora no saque a partir do segundo set e a boa concentración foron decisivas para a vitoria do Emevé.
Declaración do adestrador, Tendi: «Todas as xogadoras participaron nesta vitoria, que nos ensina que temos que seguir traballando e adestrando.»
Polo Arenal Emevé xogaron:
Atia Caínzos
Nerea Sanz
Lola García
Eva Cheng
Elena Fontela
Nair Figueroa
Banquillo:
Paloma París
Noela Ferro
Alba García
Noemí Rodríguez
Marina Rey

