Connect with us

Voleibol

Emevé infantil feminino buscará en Teis volver á senda da vitoria

Arenal Emevé planta cara a Pontevedra nun encontro decidido polos detalles

O Arenal Emevé asinou un encontro moi competido na Primeira División infantil feminina, aínda que acabou cedendo por 1-3 fronte ao Pontevedra, nun partido marcado pola igualdade e polos pequenos detalles nos momentos clave.

As lucenses comezaron o encontro con boas sensacións, mostrando orde e intensidade para levar o primeiro set por 25-21. No segundo parcial, a igualdade foi máxima e o Arenal Emevé mantívose sempre no partido, pero Pontevedra logrou decantar o set por un axustado 23-25.

A partir dese momento, o encontro mantivo un ritmo alto. No terceiro set, o equipo visitante conseguiu abrir diferenzas (14-25), mentres que no cuarto o conxunto lucense volveu competir con determinación, loitando ata o final antes de ceder por 21-25.

Esta derrota supón a segunda consecutiva para o Arenal Emevé, que descende ata a sexta posición da clasificación, aínda que deixando unha imaxe de equipo competitivo e con capacidade para disputar os encontros. Na próxima xornada, as lucenses visitarán ao Teis, último clasificado con nove derrotas en nove partidos disputados, nun desprazamento no que buscarán recuperar sensacións e volver sumar.

Advertisement