Connect with us

Voleibol

Emevé cadete masculino recibirá ao líder cotizando ao alza na Primeira División

O Emevé volveu á senda da vitoria cun triunfo contundente ante o Xiria por 0-3, certificando as súa presenza no Campionato Galego. O equipo lucense dominou de principio a fin, sen dar opcións ao conxunto local e amosando a súa superioridade en todas as facetas do xogo.

Desde o inicio, os visitantes marcaron o ritmo cun primeiro set impecable, pechándoo cun claro 11-25. A diferenza de nivel entre ambos os equipos seguiu sendo evidente no segundo parcial, que rematou cun idéntico 11-25 a favor do Emevé. Xa no terceiro set, os lucenses non afrouxaron e pecharon o encontro cun 10-25 que reflectiu a súa solidez e eficacia.

Con esta vitoria, o Emevé consolida a terceira praza da clasificación e, a falta de tres xornadas, asegúra a súa presenza no Campionato Galego. Cunha vantaxe de cinco triunfos sobre o quinto clasificado, o equipo afronta con tranquilidade o tramo final da competición.

A próxima xornada presentarase como un auténtico test de altura para os lucenses, que recibirán ao líder, Vigo, cun primeiro posto en xogo. No partido da primeira volta, o Emevé xa foi quen de impoñerse en terras viguesas por 1-3, polo que buscará repetir a fazaña ante a súa afección para dar un golpe de autoridade na liga.

Patrocinio