Os cadetes lucenses seguen intratables: once partidos, once vitorias e ningún set cedido
O Arenal Emevé prolongou o seu dominio na Primeira División cadete masculina cunha nova vitoria a domicilio, esta vez fronte ao Dumbría, ao que superou por 0-3 (21-25, 12-25 e 22-25). Un triunfo que confirma a fortaleza dun equipo que continúa sen fisuras nunha tempada impecable.
O encontro estivo marcado pola capacidade do conxunto lucense para controlar os momentos clave. No primeiro set, máis igualado, o Arenal Emevé amosou madurez e acerto nos puntos decisivos para pechar o parcial. A partir de aí, o equipo elevou o nivel, dominando con claridade o segundo set grazas á intensidade no saque e á orde defensiva. O terceiro volveu ser disputado, pero os lucenses mantiveron a concentración e a solvencia colectiva necesarias para asegurar a vitoria sen conceder opcións á reacción local.
Con este resultado, o Arenal Emevé mantén o pleno de vitorias tras once partidos disputados, cun rexistro impecable no que aínda non cedeu ningún set en contra, uns datos que reflicten a superioridade e a regularidade do grupo ao longo da competición.
Na próxima xornada, as lucenses volverán xogar a domicilio para afrontar un derbi provincial de máxima esixencia fronte ao Korbis, segundo clasificado con nove vitorias e dúas derrotas. O encontro, que se disputará en Monforte, medirán a dous dos equipos máis fortes da categoría nun duelo clave para a clasificación.