Connect with us

HOCKEY

Dúas vitorias que confirman o crecemento colectivo do CHL Meigas prebenxamín

Xornada 5 – Liga Regular Prebenxamín 2025/2026

Categoría: Prebenxamín
Enfrontamento: CHL Meigas vs ADC Alquimia Inline
Pista: Pabellón Municipal de Ribadeo (Ribadeo)
Resultado ao descanso: 8–2
Resultado final: 10–4

Aliñación inicial CHL Meigas:
Alan Buide, Leo López, Izan Díaz, Telmo Fernández, Martín Cuesta (P)

Banquiño:
Narel Bello, Mauro Piñeiro, Elba Abuín, Oliver Bento, Marco Ares, Martina Blanco, Lia Díaz, Nicolás Cuesta, Ian Ferreiro, Jon Rodríguez (P)

Goleadores CHL Meigas:
Mauro Piñeiro (3), Narel Bello (2), Izan Díaz (2), Elba Abuín (1), Nicolás Cuesta (1), Alan Buide (1)

Xogador destacado / MVP:
Narel Bello

Resumo do partido:
O CHL Meigas asinou unha victoria clara dende o inicio do encontro, cun dominio do xogo que permitiu ao equipo controlar a situación de principio a fin. O ataque estivo moi ben coordinado, xerando ocasións de forma constante. A vantaxe ao descanso permitiu dar entrada ao segundo porteiro e repartir as responsabilidades entre todos os xogadores.

O máis importante nesta categoría é o traballo colectivo, e o equipo mostrou unha evolución notable neste aspecto, mellorando a súa capacidade para crear xogadas a partir do traballo en equipo.

Frase do adestrador:
«Partido que nos serve para preparar á xeración do 2018. Contento por ver avances en o micro, especialmente nos menos experimentados, e sorprendido pola capacidade de comprensión do xogo dos maiores do equipo.»

Próximo rival:
CPL Brigantium


Xornada 6 – Liga Regular Prebenxamín 2025/2026

Categoría: Prebenxamín
Enfrontamento: CPL Brigantium vs CHL Meigas
Pista: Pabellón Municipal de Ribadeo (Ribadeo)
Resultado ao descanso: 3–6
Resultado final: 5–11

Aliñación inicial CHL Meigas:
Mauro Piñeiro, Narel Bello, Gael Buide, Eyen Bento, Martiño Rodríguez (P)

Banquiño:
Ellene Bello, Elba Abuín, Oliver Bento, Alan Buide, Nicolás Cuesta, Izan Díaz, Telmo Fernández, Martina Blanco, Lia Díaz, Marco Ares, Ian Ferreiro
Porteros: Jon Rodríguez (P)

Goleadores CHL Meigas:
Mauro Piñeiro (3), Nicolás Cuesta (3), Izan Díaz (2), Narel Bello (1), Elba Abuín (1), Alan Buide (1)

Penalizacións:
Nicolás Cuesta, 1 falta

Xogador destacado / MVP:
Mauro Piñeiro

Resumo do partido:
O CHL Meigas dominou de principio a fin ante o rival máis forte da categoría, o CPL Brigantium. O equipo impuxo o seu ritmo desde os primeiros minutos, xerando moitas ocasións de perigo e asegurando unha vantaxe de 3–6 ao descanso. Na segunda parte, o equipo mantivo o control do xogo e amplió a súa vantaxe, a pesar de conceder algúns goles máis do que se desexaría.

A principal área de mellora, apuntada polo adestrador, é o traballo defensivo. É necesario mellorar a comprensión do xogo en tarefas defensivas para manter a solidez en todos os aspectos do encontro.

Frase do adestrador:
«Moi contento e moi orgulloso do equipo, pero non podemos esquecernos das tarefas defensivas, aínda que o marcador sexa abultado, porque iso reflicte un mal entendemento do xogo.»

Próximo rival:
Club Hockey Isla Pancha

Advertisement