Connect with us

HOCKEY

Dúas vitorias e dominio total: gran inicio do CHL Meigas na Liga Élite

Exhibición ofensiva do CHL Meigas cun ritmo alto que abriu diferenzas desde o inicio

Benxamín Liga Élite, Xornada 1
Artabriños Hockey Club Green vs CHL Meigas
Resultado ao descanso: 3–10
Resultado final: 6–14

Aliñación: Martiño Rodríguez (P), Miguel Seren, Alejandro López, Gael Deiros, Lucas Ferreiro
Banco: Lara González, Carmen Bargueiras, Antía Fernández, Elena Mouriz, Alma Ramos
Porteiro: Leo Arias (P)

Goleador@s:
• Alejandro López – 5
• Miguel Seren – 4
• Gael Deiros – 3
• Lucas Ferreiro – 1
• Carmen Bargueiras – 1

Expulsións / Penalizacións:
• Antía Fernández – 1 falta

Resumo do partido:
O CHL Meigas realizou un partido moi sólido, con gran capacidade ofensiva e constante xeración de perigo. O equipo abriu diferenzas desde cedo, chegando ao descanso cun 3–10 que reflectía o acerto e o ritmo mostrado. Aínda que a vitoria foi clara e merecida, quedan aspectos defensivos a mellorar, xa que varios dos goles encaixados puideron evitarse.

Xogador destacado / MVP:
Alejandro López, polas súas cinco dianas e excelente participación no xogo ofensivo.

Frase do adestrador (Ferni):
“Contento polo traballo ofensivo, pero hai que mellorar nas tarefas defensivas, porque dos seis goles recibidos houbo tres que poderiamos non ter encaixado.”

Próximo rival: CP Brigantium


Partido completo do CHL Meigas con eficacia ofensiva e control do xogo desde o primeiro minuto

Benxamín Liga Élite, Xornada 2
CHL Meigas vs CPL Brigantium
Resultado ao descanso: 8–0
Resultado final: 10–2

Aliñación: Miguel Seren, Alejandro López, Lucas Ferreiro, Gael Deiros, Leo Arias (P)
Banco: Lara González, Carmen Bargueiras, Antía Fernández, Elena Mouriz, Alma Ramos
Portero: Martiño Rodríguez (P)

Goleador@s:
• Miguel Seren – 6
• Alejandro López – 2
• Lucas Ferreiro – 1
• Lara González – 1

Expulsións / Penalizacións:
• Gael Deiros – 1 falta

Resumo do partido:
Partido moi completo do CHL Meigas, que dominou desde o inicio e deixou o encontro practicamente decidido ao descanso cun 8–0. O equipo destacou pola eficacia ofensiva, ritmo alto e continuidade no xogo, aproveitando perfectamente os momentos de dominio. Na segunda metade o partido equilibrouse algo máis, pero o traballo do grupo xa marcara unha diferenza notable no marcador.

Xogador destacado / MVP:
Miguel Seren, autor de seis goles e líder indiscutible en ataque.

Frase do adestrador (Ferni):
“Sabemos que Brigantium tiña unha baixa importante. Gustaríanos competir contra eles en igualdade de condicións antes dos play-off, porque no primeiro partido nós tamén tiñamos unha baixa relevante. Aínda así, os xogadores responderon moi ben e fixeron un gran partido.”

Próximo rival: Morcegos HL

Patrocinio