División de Honra Xuvenil
CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo – RIBEIRA F.S. Sibuscascoche
Resultado oa descanso: 2-1
Resultado Final: 5-1
Aliñeación titular: Cristian (P), Álvaro, Saúl, Xabi, Adrián
Banquiño: Miguel, Álex Prado, Danilo, Mounir, Igo García
Goleador: Adrián
O Ribeira F.S. Sibuscascoche comezou o encontro moi serio en defensa, cun plantexamento intelixente agardando en media pista. O dominio do balón foi do equipo local, mais sen ocasionar excesivo perigo, agás algún disparo afastado. O equipo galego tivo dúas ocasións clarísimas cara a cara co porteiro rival, pero a falta de acerto volveu ser un problema. Dous erros puntuais custaron dous goles que pareceron un golpe duro, aínda que os últimos minutos do primeiro tempo foron espectaculares por parte do Ribeira, conseguindo recurtar distanzas e xerando varias oportunidades moi claras que non se concretaron.
A dinámica da segunda parte seguiu semellante, posesión para os locais, mentres o Ribeira se mantiña ben organizado e perigoso ás contras. Chegou unha ocasión clarísima para empatar o encontro, pero no fútbol os detalles marcan a diferenza, e un erro grave deu paso ao 3-1 para o San Cristóbal. A partir dese momento, o equipo lucanse acusou o golpe e nun minuto desastroso encaixou dous goles máis que deixaron o marcador definitivo e pecharon as portas á remontada.
Os mellor valorados:
3 puntos: Adrián
2 puntos: Álvaro
1 punto: Xabi
Clave do partido:
O pouco acerto de cara ao gol penalizou de novo ao Ribeira, malia xerar ocasións claras.
Frase de César:
“Quedannos 2 finais para intentar salvar a categoría.”
Próxima xornada:
O Ribeira F.S. recibe en Lugo ao Carballiño F.S., nun partido decisivo pola permanencia na División de Honra Xuvenil.