Connect with us

Fútbol Sala

Dúas derrotas con lecturas opostas dos equipos do Ribeira na Preferente infantil feminina

NO GRUPO A

Unha derrota amarga para o Ribeira 11teamsports, tras un partido onde a garra non foi suficiente

O equipo sufriu a influencia do arbitraxe no segundo tempo, pero mantivo a súa compostura en todo momento

Ribeira 11teamsports B- O Parrulo
Preferente Infantil Femenina

Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 1-4

Aliñación: Daniella Polo | Cira Porto | Andrea López | Nerea Rodríguez | Lola Zapata
Banquiño: Daniela Quijada | Antia Cancela | Esther | Elena Álvarez

Goles: 1-0 Nerea Rodríguez

Destacadas da xornada:

  1. Elena Álvarez
  2. Nerea Rodríguez
  3. Cira Porto

Resumo 1ª parte:
Partido frenético entre dous equipos aspirantes ao título, que saíron ao campo dende o minuto 1 con moita intensidade. Nerea Rodríguez foi un dos principais quebradeiros de cabeza para a defensa rival e, como é habitual, abriu o marcador para o Ribeira. Durante esta primeira metade, o equipo local levouse o control do xogo, propuxo varias alternativas e destacou pola súa estratexia. A pesar diso, nunha acción illada, O Parrulo logrou empatar.

Resumo 2ª parte:
O Ribeira seguiu a controlar a posesión do balón, pero a fatiga comezou a notarse. Aínda así, mantiveron a intensidade e a vontade de continuar loitando polos tres puntos. O encontro foi moi igualado, con ambos equipos volcados no ataque, pero un factor inesperado fixo que o resultado tomase un xiro cruel: un erro arbitral que deixou unha xogadora do Ribeira ferida cun codazo no ollo antes do gol que deu a vantaxe ao Parrulo. A xogadora non puido continuar e o equipo quedou con dez. A pesar diso, o Ribeira mantivo os valores deportivos, sen caer na provocación nin nos insultos que foron sufridos.

Clave do partido:
A garra e a vontade deste equipo son o verdadeiro motor para seguir mellorando cada fin de semana.

—————————————————————————————————————–

NO GRUPO B

Ribeira FS cae ante Fisober Dumbría nun partido onde a falta de intensidade pasou facturaO Ribeira non puido manter a vantaxe e, tras un mal inicio, foi superado polo Fisober, que se fixo co partido na segunda metade.

Ribeira FS – Fisober Dumbría
Infantil Preferente Feminino grupo A1

Resultado ao descanso: 0-0
Resultado final: 1-4

Aliñación:  Leire León, Laura Álvarez, Shaila Barreiro, Helena Castro, Carmen Bouso
Banquiño: Alba Varela, Tania López, Daniela Coira, Aurora García, Aldara López, Carla López, Irene de la Santísima Trinidad

Goleadora: Alba

Resumo primeira parte
Na primeira parte, o Ribeira comezou moi mal o partido, sen ritmo, sen intensidade e con erros clamorosos que facilitaron ocasións para o rival. O Fisober, aínda que non fixo grandes xogadas, aproveitou as falencias do equipo local para achegarse á súa portería. Tras 20 minutos de apática actuación, o partido marchou ao descanso co empate 0-0.

Resumo segunda parte
O Ribeira non mellorou na segunda metade e, aínda que atopou as saídas con Shaila no pivote, a dinámica do partido continuou sendo igual de imprecisa. Aínda así, unha boa xogada entre Shaila e Alba permitiu que o Ribeira se puxese por diante, 1-0. Non obstante, Fisober reaccionou rapidamente e empatou cun rechace. A partir de aí, a superioridade do rival foi clara, e o Ribeira non foi capaz de evitar os goles que remataron cun 1-4 final.

Xogadora destacada Leire León

Clave do partido A falta de ganas pasou moita factura.

Frase da adestradora «Os partidos compítense dende o adestramento, se non se traballa pola semana e hai esforzo, calquera equipo nos pode gañar.»

Próximo enfrontamento: Compañía de María

Advertisement