Os lucenses dominan, pero non logran materializar as ocasións e suman un empate sen goles
Cadete Preferente Masculina
Caranza FS vs. Ribeira FS Carpintería JDR
Resultado ao descanso: 0-0
Resultado final: 0-0
Alineación: Juan, Samuel, Pablo, Mario, Bruno.
Banquillo: Josete, Iago V, Dani C, Josito, Iago F.
Destacados da xornada: Destacar o gran esforzó que fixo todo o equipo.
Resumo do partido:
Na primeira parte, o Ribeira FS Carpintería JDR dominou o xogo con claridade e estivo cómodo en todo momento, gozando de varias ocasións claras para poñerse por diante no marcador, pero o gol resistiuse. Os lucenses chegaron ao descanso co marcador 0-0, pero con boas sensacións e confianza para a segunda metade. Na reanudación, Caranza entrou con máis forza no partido, igualando o xogo. As ocasións a balón parado e as transicións marcaron o ritmo do encontro, con ámbolos dous porteiros facendo grandes intervencións. A oportunidade máis clara foi para o Ribeira, a falta de dous segundos para o final, cando nun 2 contra 1, Josito estrelou o balón contro o largueiro e paseouse pola liña de gol sen chegar a entrar.
Clave do partido:
As ocasións erradas ao longo do partido condicionaron un Ribeira que foi mellor ca o rival, pero que non logrou materializalo.
Frase de Iago;
«Contento polo gran traballo feito por todo o equipo de forma conxunta pero marchamos cun sabor agridoce por non poder sumar os tres puntos nun partido que dominamos e no que fomos mellores.»
Próximo enfrentamento:
Derbi capitalino contra Casás, un partido sempre intenso no que o Ribeira buscará volver á senda da vitoria.