Os lucenses compiten con intensidade en Narón e acusan o esforzo ao día seguinte en Atlántico.
O Cadete Masculino do Millavén CP Lucense non puido sumar puntos no dobre compromiso da fin de semana, a pesar de deixar fases de bo xogo, especialmente no encontro do sábado. Os lucenses enfrontáronse a dous partidos moi esixentes que acabaron pasando factura.
Na xornada do sábado, Millavén asinou unha moi boa primeira metade na súa visita ao BM Narón, cun xogo serio e eficaz que lle permitiu chegar ao descanso cunha renda favorable de 9-13. Porén, tras a reanudación os locais incrementaron a súa intensidade e lograron darlle a volta ao marcador, deixando aos lucenses sen recompensa a pesar do esforzo realizado. O encontro pechouse cun axustado 26-24.
No segundo partido da fin de semana, xa o domingo, o Millavén visitou ao BM Atlántico. Os lucenses acusaron o desgaste do día anterior, aínda que conseguiron manterse no partido durante a primeira metade, á que chegaron con só tres goles de desvantaxe (19-16). Na segunda parte, o conxunto local elevou o ritmo de xogo e foi ampliando progresivamente a diferenza ata pechar o marcador no 43-26 definitivo.
No encontro do sábado destacaron David (7 goles), Brayan e André (6 cada un), mentres que no duelo do domingo sobresaíron Andrés, máximo anotador con 10 tantos, e Brayan, con 9, nunha fin de semana marcada pola acumulación de minutos e a esixencia competitiva.
BM Narón 26 – Millavén CP Lucense 24 (13+11)
Alineación: Dani e Martín; Óscar, Héctor (3), Rodrigo (1), David (7), Brayan (6), Aryan, André (6), Ernesto e Manu (1).
Árbitros: Martina Gómez e Luis Arias.
BM Atlántico 43 – Millavén CP Lucense 26 (16+10)
Alineación: Dani e Martín; Óscar, Nuno, Héctor (2), Rodrigo (1), Andrés (10), Manu, Breixo (1), Brayan (9), Aryan, André e Ernesto (3).
Árbitros: Uxía Mariño e Paula Peteiro.