Un cambio de actitude na segunda metade leva ás locais a gañar 7-2 tras un mal inicio de partido
Preferente Infantil Femenina
Ribeira 11Teamsports B vs 5 Coruña
Resultado ao descanso: 1-2
Resultado final: 7-2
Alineación: Cira, Nerea, Lola, Alba, Andrea,
Banquiño: Daniella, Candela, Paula, Esther, Elena
Goleadoras: Paula, Nerea, Elena
Destacadas da xornada: Candela, Alba, Paula
Resumo do partido:
O partido arrincou cun Ribeira 11Teamsports B incómodo, sen afinar co seu xogo e con moi mala actitude competitiva. Isto deu ás a un bon 5 Coruña, que aproveitou para gozar das primeiras ocasións e gañar o tempo do partido, deixando ás locais desbordadas. Con poucos sinais de mellora e sen cambios clave no inicio, a primeira metade terminou cun 1-2 merecido para as visitantes. Na segunda parte, as locais melloraron a súa actitude e competitividade, aínda que continuaron cometendo moitos erros non forzados na saída de balón. A presenza do banquiño, con xogadoras alevíns como Vega Zapata, foi un punto positivo, xa que achegaron frescura e colaboraron no xogo, sendo fundamentais na remontada. Coa mellora das xogadoras locais e un gran traballo colectivo, as lucenses acadaron a remontada que rematou cun 7-2 que reflicte a súa melloría na segunda metade.
Clave do partido: Mal partido que nos esixe mellorar para puntuar en vindeiras xornadas.
Frase de Luna:
“Os peores 25 minutos do ano, non podemos deixar o esforzo e gañas na casa porque é a clave da nosa mellora.”
Próximo enfrontamento: Despois do parón de entroido, o Ribeira 11Teamsports B afrontará un derbi do clube, no que buscarán mellorar e seguir sumando.