Connect with us

Fútbol Sala

Desenlace final moi cruel para Casás na Preferente infantil

A Casa do Deporte de Frigsa foi testigo dun encontro de fútbol sala cheo de emocións e alternancia no marcador. O C.P. Casás recibiu ao Colexio Liceo nunha xornada onde as dúas escadras loitaron incansablemente polo triunfo.

Resultado ao descanso: 1-1 

Resultado final: 3-4 

Alineación do Casás: Martín, Hernán, Telmo, Adrián, Hugo. 

Banquiño:David, Erik, Kike. 

A primeira parte do encontro estivo marcada pola superioridade do Casás no xogo, aínda que non soubo materializar as múltiples ocasións de gol que xurdiron. O equipo local dominaba a posesión, pero non lograba romper a defensiva do rival. Foi o Colexio Liceo quen se adiantou no minuto 4, cun gol que sorprendía aos xogadores de Alberto Guizán. Non obstante, o Casás non baixou os brazos e conseguiu o empate no minuto 9 grazas a un gol de David, que equilibraba a contenda e deixaba todo aberto para a segunda metade.

Ao rematar os primeiros 25 minutos, o empate 1-1 deixaba un sabor agridoce para os Lucenses, que se vían superiores, pero acusaban a falta de precisión de cara a portaría. Despois dunha charla de Guizán no vestiario, o equipo saíu ao campo coa idea de mellorar a súa definición e afinar a súa defensa.

A segunda parte comezou cun Casás decidido, que logrou adiantarase no minuto 3 cun gol de Hernán. O equipo local parecía ter controlada a situación e mesmo ampliou a súa vantaxe no minuto 45, cando Erik anotaba o 3-1, quedando só 5 minutos de xogo. Sen embargo, tres descoidos na zona defensiva fixeron que o Colegio Liceo, tivera ocasions coas que a priori , non contaba. En cuestión de dous minutos, no 47, 48 e 49, o equipo visitante conseguiu dar a volta ao resultado, colocando o definitivo 3-4.

Os tres mellores: 

Todo o equipo mereceu unha mención especial pola súa entrega e traballo en conxunto, destacando o esforzo colectivo ante un partido difícil.

Claves do partido:

A boa dinámica do Casás ao longo do encontro, o seu dominio en moitos tramos e a falta de acerto na defensa nos momentos decisivos fixeron que o partido se escapase no tramo final. O xogo ofensivo, aínda que efectivo, non foi suficiente cando se trataron de evitar os goles encaixados ao final.

Frase de Alberto Guizán, adestrador do C.P. Casás: 

“Dar a noraboa aos rapaces por este gran partido e seguiremos traballando a actitude defensiva e a fase ofensiva para ter máis claridade no futuro.”

O C.P. Casás remata a liga viaxando a Narón, onde se enfrontará ao Narón O Freixo, nunha última cita da tempada que promete emocións e máis traballo para mellorar.

Patrocinio