Connect with us

Fútbol Sala

Derrota pola mínima do Ribeira infantil Preferente feminino

As lucenses competiron de ti a ti e rozaron os seus primeiros puntos da tempada

Servicio Móbil Lago Sport vs Ribeira F.S 11 Teamsports B
Preferente Infantil Femenina
Resultado ao descanso: 0-0
Resultado final: 2-1

Aliñación: Daniella Polo,  Cira Porto,  Andrea López,  Elena Álvarez,  Lola Zapata.
Banquiño: Daniela Quijada,  Antia Cancel,a  Esther,  Candela,  Alba.

Gol: Lola Zapata

Destacadas da xornada:

  1. Elena Álvarez
  2. Daniela Quijada
  3. Antía Cancela

Partido divertido e cheo de idas e voltas entre dous conxuntos moi valentes, con ocasións para ambos e un gran protagonismo das dúas porteiras. O equipo local comezou mellor, aproveitando a dificultade da pista para un Ribeira que foi medrando co paso dos minutos. As lucenses amosaron unha gran actitude e puxeron en práctica un traballo estratéxico moi serio, que estivo a piques de darlles o primeiro gol.

O Ribeira saíu decidido a buscar os primeiros puntos e en apenas cinco minutos xerou tres ocasións claras que non puideron converter. O Lago respondeu con bo xogo e, nun erro en saída do Ribeira, adiantouse cun disparo dende a frontal. A reacción das lucenses foi inmediata: tras unha excelente xogada de estratexia nun saque de banda, Lola Zapata fixo o empate cun zapatazo axustado. O tramo final foi de dominio local, e o 2-1 acabou por decidir un encontro que deixa moi boas sensacións no xogo do Ribeira, que loitou ata o final sen baixar os brazos.

Clave do partido:
A eficacia nas áreas acabou marcando a diferenza nun duelo moi igualado.

Frase de Luna:
«Contenta con este grupo que cada fin de semana nos dá unha lección do que é competir e traballar en equipo. Hoxe todas as nenas estiveron volcadas, traballando e deixando todo.»

Próximo rival:
FSF Castro Pizzería Rozas espera na seguinte xornada , nun dos derbis comarcais da categoría.

Advertisement