Connect with us

Máis Disciplinas

Derrota pola mínima do Dezportas ante Vilalba

O CD Dezportas Goce Viajes caeu por un axustado 2–3 fronte ao Vilalba Queixería Casleiras na 16ª xornada da 1ª División Galega, nun encontro disputado como local e marcado pola igualdade ata o último partido.

O choque comezou co dobre entre Daniel López e Óliver López, que non puideron superar a parella visitante formada por Mario Fraga e Pablo Novas, cedendo por 3–1 (11-8, 8-11, 12-10, 11-7), nun duelo equilibrado e con opcións ata os momentos finais.

Nos individuais, Daniel López tampouco logrou sumar ante Jorge Trastoy, caendo por 3–1, mentres que Xabier Xoán Carricoba devolveu a igualdade ao encontro cunha gran vitoria por 1–3 fronte a Mario Fraga, mostrando carácter e solidez.

O partido máis emocionante da xornada chegou no enfrontamento entre Óliver López e Pablo Novas, decidido no quinto set a favor do xogador visitante por 2–3, tras un duelo de máxima intensidade.

Co marcador en contra, Xabier Xoán Carricoba volveu ser protagonista ao impoñerse con claridade por 0–3 ante Jorge Trastoy, deixando o resultado final nun axustado 2–3.

A pesar da derrota, o CD Dezportas Goce Viajes mostrou unha gran competitividade ante a súa afección, loitando ata o último punto nun encontro que puido caer de calquera lado.

Unha derrota na casa que deixa boas sensacións e confirma o crecemento do equipo.

Patrocinio