Unha gran actuación defensiva e a actitude competitiva levaron ás capitalinas a un merecido triunfo.
Infantil Femenina – Copa, Grupo Norte 1
Ribeira FS 11teamsports A – FSF Castro
Resultado ao descanso: 1-0
Resultado final: 2-1
Aliñación: Leire León, Laura Álvarez, Helena Castro, Tania López, Shaila Barreiro
Banco: Aurora García, Irene Dobao, Sara Díaz
Goleadoras: Shaila e Tania
Destacadas da xornada: 1.- Sara Díaz 2.- Shaila Barreiro 3.- Helena Castro
O Ribeira FS 11teamsports A entrou ao partido con moita intensidade, impoñendo unha presión alta dende os primeiros minutos e dominando a posesión durante toda a primeira parte. O equipo xerou numerosas ocasións de gol, amosando unha gran competitividade, cun xogo rápido e de moita intensidade. O primeiro gol chegou tras un roubo de balón en primeira liña, permitindo ás de Luna adiantarse no marcador e marchar ao descanso cun 1-0.
Na segunda parte, as locais mantiveron o ritmo alto e competitivo, roubando balóns en campo rival e xerando saídas de balón que permitían manter a vantaxe. O Castro conseguiu empatar por medio dun gol tras un rexeite da barreira nunha falta, pero o Ribeira reaccionou, mantivo a súa intensidade defensiva e conseguiu o gol da vitoria, que fixo que o encontro se pechase cun 2-1 e confirmase a clasificación das de Luna para a seguinte rolda da Copa.
Clave do partido: Actitude e intensidade defensiva.
Frase de Luna:
“Un partido con intensidade defensiva presente e con un pequeno cambio de imaxe. Esperamos o noso rival nos octavos de final con moita ilusión.”
Próximo enfrontamento:
O equipo queda á espera de coñecer o seu rival nos oitavos de final da Copa.