A falta de acerto e algúns erros defensivos condenan ao Ribeira FS á derrota
Alevín Masculino, Copa Galicia, Subgrupo 1D
Naron O Freixo – Ribeira FS Autocares Álvarez
Resultado ao descanso: 2-0
Resultado final: 5-0
Aliñación: Thiago, Luca Bande, Manu Murado, Martín Fernández, Pablo Rodríguez
Banco: Mauro Bande, Arthur, Hugo Lanzos, Eric Marqués, Fabio Álvarez, Iker, Luka Revaldería
Destacados da xornada:
- Martín Fernández, 2. Fabio Álvarez, 3. Mauro Bande
Resumo do partido:
O Ribeira FS Autocares Álvarez debutou na Copa Galicia nun partido no que saíu algo despistado, especialmente en defensa, o que provocou algúns erros nas marcas. A pesar diso, o equipo foi capaz de ir mellorando pouco a pouco e xerou algúns contraataques perigosos. Tivo varias ocasións claras, incluído un disparo ao largueiro de Manu e un man a man de Luca Bande que se foi fóra. Non obstante, cando mellor estaban, un erro na cesión permitiu o 1-0 e, acto seguido, unha perda de balón fixo que os locais fixeran o 2-0 antes do descanso.
Na segunda metade, o Ribeira FS saíu máis concentrado, pero co marcador a favor, o Narón apenas a arriscaba e agardaban en media pista. Os lucenses seguiron creando ocasións, pero a falta de acerto seguía sendo un lastre, e na primeira contra os naronéses fixeron o 3-0. Aí o partido quedou sentenciado. Nos últimos minutos, os pequenos de César arriscaron máis, pero os rivais aproveitaron algúns contraataques para poñer o 5-0 definitivo.
Clave do partido:
A falta de gol, que foi o lastre de todo o ano.
Frase de César:
«Resultado demasiado abultado para o bo partido que fixemos, o non facer gol, mátanos.»
Próximo enfrontamento:
O Ribeira FS Autocares Álvarez afronta a súa xornada de descanso na Copa Galicia para enfrontarse dentro de dúas semanas ao Troula Betanzos FS.