Millavén CP Lucense iniciou a tempada oficial con triunfo sen complicacións (33-18) ante o Bm Viveiro, no derbi provincial correspondente á categoría cadete masculina.
O conxunto lucense saiu decidido dende o inicio en busca da vitoria, tomando rapidamente o control do xogo e do marcador, aínda que os erros no lanzamento impediron ampliar antes a vantaxe. Co paso dos minutos, o Millavén foi asentándose sobre o parqué e chegou ao descanso con 13-8 a favor.
Na segunda metade, os locais aumentaron o ritmo de xogo e melloraron o seu acerto de cara ao gol, o que lles permitiu distanciarse progresivamente do seu rival ata acadar o definitivo 33-18, nun debut sólido e convincente.
O equipo dirixido por Millavén amosou bo nivel competitivo, destacando o xogo coral e o traballo colectivo, claves para sumar o primeiro triunfo da tempada.
Millavén CP Lucense 33 (13+20): Martín; Óscar, Rodrigo, Andrés (1), David (6), Dani (3), Breixo, Brayan (12), Aryan (2) e André (9).
Árbitro: Nicolás Núñez.