Os erros no lanzamento e as perdas de balón condicionan o encontro dos lucenses.
O Cadete Masculino do Millavén CP Lucense regresou sen premio da súa visita ao BM Culleredo, nun encontro no que o maior acerto do conxunto local resultou determinante. Desde os primeiros minutos, Culleredo soubo aproveitar os erros dos lucenses para ir abrindo fenda no marcador.
A primeira metade marcou o desenvolvemento do partido. As perdas e os fallos no lanzamento penalizaron ao Millavén, circunstancia que os locais aproveitaron para chegar ao descanso cunha ampla vantaxe de 22-10.
Na segunda parte, o escenario mantívose semellante. O Millavén tratou de mellorar as súas prestacións, pero os erros ofensivos continuaron aparecendo e o Culleredo foi ampliando pouco a pouco a súa renda ata deixar o marcador no definitivo 43-22 cando soou a bucina final.
No plano ofensivo destacou Brayan, máximo anotador lucense con 7 goles, acompañado por David (5) e André (4). Tamén contribuíron Breixo (2) e Ernesto (2), así como Óscar e Héctor, con 1 gol cada un.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Dani; Óscar (1), Nuno, Héctor (1), Andrés, David (5), Breixo (2), Brayan (7), Aryan, André (4), Ernesto (2) e Manu.
Árbitros: Iago Allegue e Martina Regueiro.