A eficacia rival na primeira parte sentenciou o partido a pesar da boa reacción dos lucenses.
División de Honra xuvenil
Valladolid Sport Sala – Ribeira FS Sibuscascoche
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 4-1
Aliñación: Pablo, Marco, David, Hadrian, Iago
Banco: Hugo Lopez, Samuel, Mario, Dani Cabanas, Héctor
Goleador: Héctor
A primeira parte foi bastante igualada, aínda que as mellores ocasións foron do Ribeira FS. O Valladolid adiantouse cun gol tras un rexeite dun libre indirecto, pero o Ribeira logrou entrar no partido, xerando boas posesións e creando perigo de forma organizada. A tres minutos do descanso, outro rexeite permitiu ao Valladolid poñerse 2-0, e Héctor marcou para poñer o 2-1 antes do descanso.
Na segunda parte, o Ribeira comezou mellor, tendo posesións e chegando á portería rival, pero o Valladolid impuxo un xogo máis físico e comezou a dominar. Tras unha falta de concentración defensiva, encaixaron o 3-1. A pesar de varias ocasións e do intento co porteiro xogador, o Valladolid marcou o 4-1 definitivo.
Clave do partido:
O acerto do rival na primeira parte, que con apenas tres tiros marcou dous goles, foi decisivo.
Frase do adestrador:
«Moi ben competido a pesar das numerosas baixas contra un gran equipo.»
Próximo enfrentamento:
Os de Pablo Díaz recibirán ao 5Coruña FS na penúltima xornada de liga.