O Millavén roza a vitoria nun partido de alternativas que se decide no último minuto.
O Infantil Masculino do Millavén CP Lucense quedou sen premio nun encontro moi completo ante o Ribeira, no que os lucenses competiron de ti a ti e tiveron opcións ata o último instante.
O partido estivo marcado pola igualdade desde o inicio, con fases de dominio alterno e continuos cambios no marcador. Ao descanso, a vantaxe era mínima para os visitantes (12-13), deixando todo por decidir para a segunda metade.
Tras a reanudación, o Millavén conseguiu dar un paso adiante e chegou a poñerse por diante no marcador, empuxado pola intención de brindar un triunfo á súa afección no último partido como local. Con todo, o tramo final volveu estar cheo de incerteza, con alternancias constantes no marcador. No último minuto, a moeda saíu cruz para os lucenses, e o Ribeira acabou levando os dous puntos co definitivo 27-28.
No plano ofensivo destacou Víctor, con 9 goles, acompañado por Óscar (6) e Breixo (4). Tamén sumaron Ernesto (3), Nuno (2), Aryán (2) e Nico (1), nun encontro no que o equipo deixou unha gran imaxe a pesar do resultado.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Rayan; Óscar (6), Nuno (2), Leo, Breixo (4), Víctor (9), Aryán (2), Dylan, Hugo L., Ernesto (3) e Nico (1).
Árbitro: Nicolás Núñez.