Os lucenses impuxéronse por 3-4 nun encontro moi competido que se decidiu cun dobre penalti nos minutos finais
Infantil Preferente Masculina
Narón O Freixo – CP Casás
Resultado ao descanso: 1 – 2
Resultado final: 3 – 4
Aliñación: Peska, Vilor, Hugo Gayoso, Ossian, Sebas.
Banquiño: Dani, Telmo, Varela, Nico López, Ángel.
Goleadores: Telmo, Ossian (2), Ángel.
Resumo :
Boa primeira metade do Casás, que se adiantou con dúas accións de estratexia ben executadas. O Narón respondeu con moita intensidade e logrou recurtar diferenzas no último suspiro da primeira parte, deixando o marcador nun axustado 1-2.
Na reanudación, o Narón subiu a súa presión e conseguiu darlle a volta ao marcador grazas a varias accións rápidas ás costas da defensa lucense. Con todo, os lucenses non perderon a calma e seguiron creando perigo con balón ata que, nos minutos finais, un dobre penalti permitiulles culminar a remontada e levar unha vitoria moi traballada.
Xogadores destacados: Ángel, Ossian, Vilor.
Clave do partido:
A intensidade defensiva e o criterio no ataque nos momentos decisivos.
Frase de Frei:
«Parabéns pola vitoria deste gran grupo que segue traballando día a día».
Próximo enfrontamento:
Os de Frei viaxan a Santiago para medirse ao AD Codima, nun novo reto a domicilio no que buscarán manter a boa dinámica de resultados.