Os capitalinos aproveitan a súa efectividade para impoñerse con solvencia aos Meigallos
Infantil Preferente Masculina
Lugo Sala Acasti Reformas vs. Meigallos FS
Resultado ao descanso: 4-1
Resultado final: 8-1
Alineación: Nuno, Enzo, Villa, Iker Rojo, Asier
Banquiño: Gael, Erik, Dani, Pedro
Goleadores: Villa (2), Iker (2), Enzo (2), Dani, Nuno
Destacados da xornada: 1- Nuno 2- Erik 3- Pedro
Resumo do partido:
O encontro comezou cunha gran igualdade entre ambos os equipos, cun Lugo Sala Acasti ben organizado e cos sarriaos intentando facer dano con presión alta. Sen embargo, tras abrirse o marcador, os de Álvaro comezaron a dominar máis, aproveitando mellor as súas ocasións. Nos últimos minutos da primeira parte, dous goles seguidos permitiron ao Lugo Sala tomar unha vantaxe de 4-1 ao descanso. Na segunda metade, o equipo local saíu cun gol cedo, e aínda que o ritmo baixou, o Lugo Sala mantivo a súa efectividade e conseguiu aumentar a diferenza, pechando con un convincente 8-1. A vitoria foi clara grazas á boa xestión das oportunidades e un bo traballo colectivo.
Clave do partido: Os dous goles no último minuto da primeira parte que marcaron a diferenza no marcador.
Frase da Álvaro:
«Cumplimos o obxectivo, agora a seguir mellorando a nivel colectivo é individual.»
Próximo rival:
A vindeira semana, o Lugo Sala Acasti Reformas visita aos santiagueses de Alto do Vento, nun partido que promete ser disputado polos dous equipos.