O Arenal Emevé non puido sumar na Casa do Deporte de Lugo fronte ao Ciudad de A Coruña, que se impuxo por 0-3 (21-25, 24-26 e 23-25) nun partido marcado pola igualdade e resolto en todos os parciais por marxes moi axustadas.
Desde o inicio, os lucenses mostraron intensidade e boa organización, competindo de ti a ti ante un rival situado na zona alta da clasificación. No primeiro set, o Emevé mantivo o pulso ata os últimos puntos. O segundo foi aínda máis equilibrado, con alternativas constantes no marcador e un final no que pequenos detalles decantaron o parcial. No terceiro, as xogadoras locais volveron chegar con opcións reais ao tramo decisivo, confirmando a súa capacidade para soste-lo ritmo competitivo.
A pesar da derrota, o Arenal Emevé mantense na sexta posición da clasificación da Primeira División infantil masculina, consolidando a súa presenza nunha categoría esixente e demostrando unha evolución constante ao longo da tempada.
Na próxima xornada, os lucenses visitarán ao Vigo, nun encontro directo co sexto posto da táboa en xogo, unha oportunidade para transformar as boas sensacións destes últimos partidos en puntos decisivos.