O Ribeira F.S. En Boas Máns comezou a súa andaina na Copa Alevín Feminina con vitoria ante o F.S.F. Castro, nun partido disputado o sábado pola tarde no Pavillón Municipal de Castro Riberas de Lea. As pupilas de Luna, en condición de visitantes, protagonizaron un encontro traballado e cheo de intensidade, conseguindo finalmente levarse os tres puntos cun gol de Cira Porto na primeira parte.
Alineación do Ribeira F.S. En Boas Mans:
Daniella Polo, Nerea Rodríguez, Lola Zapata, Cira Porto, Andrea López
Banquiño:
Éire Pin, Vega Zapata, Elena Álvarez
Primeira parte:
O encontro arrancou cun Ribeira decidido a dominar desde o primeiro minuto. A intensidade do conxunto visitante foi evidente, afogando a saída de balón do Castro e obrigando as locais a cometer algúns erros que, sen embargo, non souberon aproveitar ao 100%. O dominio foi claro, pero a falta de acerto nas ocasións xeradas xerou nerviosismo entre as xogadoras do Ribeira, que vían como a porteira local, cun gran número de intervencións, mantía o marcador sen cambios.
Foi nunha xogada de estratexia cando o Ribeira conseguiu inaugurar o marcador. Cira Porto, con gran intelixencia, rematou de forma impecable un balón que se colou axustado ao travesaño, un gol imparable para a porteira local. Así, o equipo visitante marchaba aos vestiarios con vantaxe de 0-1, despois dunha primeira parte chea de boas actuacións por parte de ambas as dúas escadras.
Segunda parte:
Tralo paso polos vestiarios, o F.S.F. Castro saíu cunha clara intención de xerar perigo, buscando vulnerar a portería de Daniella Polo. Durante os primeiros minutos, as locais conseguiron forzar ao Ribeira a baixar as súas liñas defensivas, sendo necesario que o equipo visitante traballase moito en tarefas defensivas para manter a súa vantaxe.
A pesar das numerosas tentativas de aumento do marcador, o Ribeira atopouse cunha defensa sólida do Castro e, sobre todo, cunha porteira local que estivo a un gran nivel, impedindo que o resultado aumentase. Os dous equipos tamén deixaron patente o seu bo nivel de xogo, demostrando a evolución, e facendo que o partido fose moi igualado no aspecto competitivo.
As tres mellores do Ribeira F.S. En Boas Mans:
– 3 puntos: Andrea López
– 2 puntos: Elena Álvarez
– 1 punto: Cira Porto
Clave do partido:
O temple e a boa xestión emocional do Ribeira F.S. nun partido traballado e moi esixente, foron factores chave para levarse a vitoria.
Frase da adestradora Luna:
“Comezamos a Copa sumando ante un equipo ao que non lle fomos capaces de rascar puntos na Liga, pero coma vimos comentando, estamos no noso máximo nivel descubrindo ata onde podemos dar e esperamos camiñar ata o máis lonxe posible nesta nova competición.»
A seguinte xornada, o Ribeira F.S. En Boas Mans descansará na Copa.