Connect with us

Fútbol Sala

Castro impúxose no derbi provincial alevín Preferente a Casás

No Pabillón do Palomar de Lugo, o equipo alevín feminino do Casás enfrontábase ao potente FSF Castro García Rielo, un dos conxuntos máis fortes da categoría. A pesar de saír coas mellores intencións, as xogadoras locais non puideron evitar a derrota ante un rival de moito nivel, nun encontro que rematou 1-9.

Alineación do Casás: 

Aldara, Martina, Noa Castro, Noa López, Nerea. 

Banquiño: África, Ildara, Uxía, Catalina.

Resumo 1ª Parte:

O Casás saltou á pista con moita concentración e moitas ganas de competir. Os primeiros minutos de partido comezou cunha gran sorpresa cando Noa López, tras un bo movemento colectivo, conseguiu o gol que adiantaba ás locais. Con todo, o FSF Castro, cun xogo máis directo e unha gran experiencia, foi facendo valer a súa superioridade pouco a pouco. Ao longo dos minutos, a falta de rodaxe das xogadoras locais e as ausencias na súa plantilla foron claves para que o resultado fose cambiando. O descanso chegou cun marcador de 1-5 a favor das visitantes, deixando a sensación de que a diferenza era demasiado grande para as posibilidades do Casás.

Resumo 2ª Parte:

Na segunda metade, as xogadoras do Casás saíron co obxectivo de recuperar algo de competitividade, tratando de deixar atrás o resultado , e intentando pensar que saian cun 0-0, pero o rival non deu tregua. O FSF Castro continuou dominando e ampliou a súa vantaxe, conseguindo un resultado final de 1-9. A pesar da derrota, o equipo local tratou de manter a súa estrutura tácticamente, pero as diferencias físicas e mentais foron decisivas para que a brecha se fixera cada vez maior.

Claves do Partido: 

A inexperiencia das nosas xogadoras, as baixas importantes e a fraxilidade mental cando o marcador se puxo en contra foron factores que influíron notablemente no desenvolvemento do encontro.

As Tres Mellores:

– 3 PUNTOS: Noa López

– 2 PUNTOS: Noa Castro

– 1 PUNTO: Uxía

Valoración do adestrador, Juan Carlos: 

«Xogaron moi ben tácticamente, é o camiño que debemos seguir e hai que continuar por esa vía. Aínda que a derrota foi dura, hai moitas cousas que seguir mellorando, e o importante é aprender de cada situación». 

O Casás, tras esta dura derrota, terá unha nova oportunidade na seguinte xornada, cando se enfronten ao líder da liga, o Fisober FSF de Muxía, un equipo invicto que só sumou un empate nesta tempada. Sen dúbida, o equipo local deberá manterse forte e seguir traballando para mellorar e afrontar os desafíos que veñen.

Patrocinio