Connect with us

Fútbol Sala

Castro anticipou o fin de curso de Ribeira cadete feminino

Copa Cadete Feminina – Oitavos de Final

F.S.F. Castro vs Ribeira F.S 11TEAMSPORT

Resultado ao descanso: 1-1

Resultado final: 3-1

Alineación titular:  Sainza – Antia – Paula – Carla – Jimena

Banquiño: Shaila – Alma – Sara – Helena – Laura

O encontro arrancou con igualdade e intensidade, cun Ribeira moi ben posicionado sobre a pista. As xogadoras de Rubas plantaron cara ao potente conxunto local, e no minuto 12 adiantáronse grazas a un bo gol. A resposta do Castro foi rápida e no 15 puxeron o empate no marcador. O resto da primeira metade mantívose moi táctica e equilibrada, cun intercambio de ocasións pero sen máis goles, deixando o electrónico en 1-1 ao descanso.

A segunda metade seguiu co mesmo guión, cun choque moi parello e con ambos equipos buscando o gol sen perder orde defensiva. No minuto 43 chegou o golpe para o Ribeira, co segundo tanto das locais. Inmediatamente despois, unha xogada clave, Antia viu o segundo cartón amarelo e foi expulsada, deixando ás visitantes cos animos baixos. A pesares da inferioridade, o Ribeira resistiu con valentía, pero no minuto 47 o Castro sentenciou co 3-1 definitivo.

Clave do partido:

A expulsión de Antia no minuto 44 cambiou totalmente a dinámica do xogo. O Ribeira viuse mermado , o que permitiu ao Castro consolidar a súa vantaxe.

Remate da tempada:

As xogadoras do Ribeira F.S 11TEAMSPORT asinan unha tempada notable, competindo ata o final contra un rival que dominou o seu grupo. A eliminación chega con orgullo e bo sabor de boca polo esforzo e a actitude mostrada.

Patrocinio