Connect with us

Fútbol Sala

Casás xuvenil supera a presión e pecha outra victoria con solvencia

Un traballo sólido e unha boa reacción ante a presión permitiron aos de Ángel manter a súa imparable racha.

Preferente Xuvenil
Meigallos 4 – 7 Casás
Resultado ao descanso: 2-5
Resultado final: 4-7

Aliñación: Jandro, Bruno, Samu, Pablo, Diéguez
Banquiño: Fente, Jorge, Isra, Rodri
Goleadores: Samu, Jorge, Bruno (2), Pablo (2), Israel

Resumo do partido:
Casás saíu ao partido cun gran ritmo e conseguiu adiantarse rapidamente no marcador. O equipo dominou a primeira parte controlando o xogo, pero dous pequenos detalles defensivos permitiron ao Meigallos achegarse, e ao descanso a vantaxe capitalina era de 2-5. Na segunda metade, o rival presionou máis alto, o que fixo que Casás tivese dificultades para triangular no seu xogo, pero o equipo soubo sufrir e responder con firmeza. O traballo defensivo, ben coordinado, foi clave para manter a vantaxe, mentres que, a pesar da presión, os rapaces do Casás tiveron ocasións claras que souberon materializar, pechando o encontro cun 4-7 que reflicte a superioridade do equipo de Ángel durante os 40 minutos.

Clave do partido:
O traballo defensivo e a capacidade de xestionar os momentos de maior presión do rival.

Frase de Ángel:
«Otro partido muy serio de estos chicos que supieron jugar genial con y sin balón los 40 min de juego.»

Próximo enfrontamento:
Casás recibirá ao Academia Gutsal Ourense, último clasificado, na próxima xornada, buscando a súa novena vitoria consecutiva.

Advertisement