Vitoria de Casás, o único dos tres representantes capitalinos na máxima categoría infantil que competiu a pasada fin de semana, ao aprazarse ata o próximo venres o partido entre Ribeira e 5 Coruña e afrontar Lugo Sala a súa xornada de descanso pola retirada da competición de Ventorrillo
Casás dominou ao longo dos corenta minutos a San Amaro na Coruña, cunha primeira parte na que a falta de acerto na definición propiciou que ao descanso se chegase cun axustado 0-1 tralo primeiro gol de Hugo. Tralo paso polos vestiarios, mantívose o dominio lucense ao mesmo tempo que melloraba a definición para ampliar a renta co 0-2, tamén por medio de Hugo. O 1-2 local, non cambiou o rumbo do encontro e Hernán asinou o 1-3, Adrián o 1-4, Hugo completou o seu hat trick particular co 1-5 antes de que os coruñeses pechasen o marcador co 2-5 final
Os mellores de Casás neste encontro foron
HUGO, DAVID e ÁLVARO