Connect with us

Fútbol Sala

Casás tomba ao líder na Preferente xuvenil

Un gran traballo defensivo e un acerto ofensivo determinante aseguran a vitoria.

Preferente Xuvenil Masculina
Casás 5 – 4 Troula Betanzos
Resultado ao descanso: 1-3
Resultado final: 5-4

Aliñación: Jandro, Bruno, Samu, Pablo, Diéguez
Banquiño: Isra, Jorge, Jacobo
Goleadores: Samu (2), Jorge, Pablo, Bruno
Destacados da xornada: Todo o equipo

Resumo do partido:
O Troula Betanzos, líder da competición, visitou Lugo cun Casás que soubo competir ao máis alto nivel. A primeira parte foi moi intensa, cos de Ángel saíndo ben ao partido, pero o líder soubo saír da presión e facer dano cun 1-3 no marcador ao descanso. A vitoria ten un mérito extra ao tratarse do líder da categoría, o que fai que os tres puntos conseguidos teñan un valor incalculable. Casás, coa mentalidade posta en seguir sumando, soubo corrixir os erros do primeiro tempo e, cunha presión moi ben executada e un gran acerto diante de portería, conseguiu reverter o marcador. O segundo tempo foi un traballo coral e a vitoria quedou en Lugo. Con esta victoria, Casás suma seis triunfos consecutivos, desbancando a varios equipos e recurtando puntos tanto ao líder como ao segundo clasificado.

Clave do partido:
A boa presión e o acerto de cara a portería na segunda metade.

Frase de Ángel:
«Es genial ver competir a este grupo dando igual el rival.»

Próximo enfrontamento:
O próximo reto de Casás será no IES Coruxo FS, o segundo clasificado, a tan só tres puntos dos lucenses. Ademais dos tres puntos, tamén estará en xogo o average particular, que por agora favorece aos vigueses tras gañar na ida por 5-7 en Lugo.

Advertisement