
Declaracións de Juan Carlos, adestrador de Casás:
«Sentímonos moi orgullosos de todas as nosas xogadoras e, especialmente, das súas familias, que fixeron un esforzo inmenso para estar aquí, malia as difíciles condicións físicas nas que se atopaban. A próxima xornada xogamos en Lugo contra o Fisober Dumbría, esperando que as xogadoras que están convalecentes se recuperen para seguir demostrando o seu pundonor e determinación no campo.»
O pasado domingo 16 de febreiro, no Polideportivo do Palomar en Lugo, o equipo infantil feminino do CASÁS enfróntouse ao CASTRO F.S.F. nun derbi da categoría infantil preferente feminina. Un encontro marcado por numerosas adversidades, xa que o equipo capitalino chegou con graves problemas físicos debido a un virus que afectou a varias das súas xogadoras.
Ficha do Partido
Categoría: Infantil Femenino Preferente
Partido: CASÁS – Castro F.S.F.
Resultado no descanso: 1-0
Resultado final: 1-4
Alineación do CASÁS:
1. Cintia
2. Leire
3. Aurora
4. Ximena
5. Sarai
Banquillo: Sen xogadoras dispoñibles debido ás baixas por enfermidade.
Goles:
– Sarai
Os Tres Mellores:
3 puntos: todas as xogadoras , Aurora, Cintia, Leire, Sarai, Ximena polo seu compromiso e forza.
Resumo da Primeira Parte:
A pesar das dificultades, o equipo local fixo fronte a todo, demostrando un espírito combativo que se viu reflectido no resultado. A primeira metade do encontro comezou con clara superioridade do CASTRO F.S.F., pero o CASÁS, cunha convocatoria reducida a tan só cinco xogadoras, loitou con inxente esforzo e logrou adiantarse no marcador grazas a un gol de Sarai, que fixo soñar ao equipo coa victoria, colocando o 1-0 no marcador antes de ir ao descanso.
Resumo da Segunda Parte:
A falta de recambios e a presenza de xogadoras afectadas pola enfermidade comezou a pasar factura no segundo tempo. Algúns membros do equipo xogaron malia ter febre e sentir malestar, o que limitou as súas forzas. O CASTRO F.S.F. fixo valer a súa frescura física e foi capaz de dar a volta ao marcador, anotando catro goles na segunda metade e levando a vitoria por 1-4. A pesar da derrota, o CASÁS non deixou de loitar e ofrecía unha imaxe admirable de sacrificio ata o último minuto.
Clave do Partido:
A principal dificultade foi o estado físico das xogadoras do CASÁS, que non puideron adestrar durante toda a semana debido á enfermidade que afectou tanto ao equipo infantil como ao alevín . Este factor físico, xunto coa falta de efectivos, foi determinante para a derrota final, aínda que o esforzo e a valentía mostrados nas primeira parte do partido foron dignos de admiración.
O CASÁS, pese á derrota, deixa claro que non se rinde nunca e segue sendo un equipo que, mesmo nas peores circunstancias, loita con todo para defender os seus colores.

