Gran traballo colectivo para levar os tres puntos nun partido intenso e decisivo contra o segundo clasificado.
Preferente Xuvenil Masculina
IES Coruxo 3 – 4 Casás
Resultado ao descanso: 2-2
Resultado final: 3-4
Aliñación: Jandro, Diéguez, Samu, Bruno, Pablo
Banco: Paul, Carballo, Isra, Jorge
Goleadores: Bruno, Pablo, Jorge, Diéguez
Destacados da xornada: Todo o equipo
Resumo do partido:
O IES Coruxo, segundo clasificado da liga, era un rival directo na loita polo ascenso, contra o que Casás soubo xogar cunha gran intensidade. Desde o inicio, Casás entrou ben ao partido, conseguindo poñerse 0-2 no marcador nas primeiras accións. Aguantou ben e o resultado non se moveu ata o minuto 18, no que dous erros defensivos seguidos permitiron ao IES Coruxo empatar antes do descanso, e levar o marcador ata o 2-2.
Na segunda parte, Casás correxiu detalles defensivos e saiu ainda máis activo, o que lle permitiu adiantarse ata o 2-4. A pesar de cargarse de faltas, a defensa foi moi sólida, e o equipo priorizou manter a vantaxe. A pesar de que os rivais lograron anotar dende os 10 metros, os lucenses souberon xestionar a súa vantaxe e levarse a vitoria por 3-4, o que fai que sexa a súa decimoterceira consecutiva, que os coloca a só 3 puntos do ascenso, con 4 xornadas por diante.
Clave do partido:
A boa xestión defensiva, especialmente ao poñerse por diante e manter a vantaxe, foi clave para a vitoria.
Frase de Ángel:
«Buen partido contra un rival exigente. Esta manera de trabajar ofensiva y defensivamente sobre todo nos puede traer buenos resultados en las próximas jornadas.»
Próximo enfrontamento:
Casás recibirá a próxima fin de semana aos herculinos do Mandela FC, nun partido clave para seguir na loita polo ascenso.