
O equipo xuvenil de Casás recibiu na Casa do Deporte ao Ribeiro do Avía, un rival que chegaba en situación delicada, con 4 derrotas consecutivas e afundido nas últimas prazas da táboa. Pola súa parte, os locais se atopaban nunha zona máis tranquila, a medio camiño da clasificación, e co obxectivo de continuar sumando puntos para manter esa estabilidade.
O encontro comezou de forma algo dubidosa para os lucenses. A primeira parte estivo marcada por unha gran imprecisión en todos os aspectos do xogo. O equipo tentaba plantar cara, pero loitaba máis co corazón que coas ideas claras, o que levou a que se viran por detrás no marcador ao descanso, cun 2-5 que reflexaba a desorganización e a falta de eficacia no campo.
Alineación do Casás:
Xandro, Samu, Yerai, Nico, Leiva
Banquillo: Pablo, Diéguez, Carballo, Sergio, Mateo, Manu
Aínda así, o cambio de mentalidade chegou coa segunda metade. O adestrador Ángel, cuns ánimos renovados, pediu aos seus xogadores que baixaran as pulsacións e se centrasen no xogo de equipo, aproveitando as súas fortalezas. Grazas a un xogo máis fluído e co traballo co pivot e os movementos en grupo, as ocasións foron chegando unha tras outra.
O equipo local non se deu por vencido e, grazas a tres goles de Diéguez, dous de Pablo e un tanto cada un de Yerai e Samu, conseguiu remontar a contenda e dar volta ao marcador, culminando unha gran reacción que terminou co 7-6 final.
A clave da victoria foi o sacrificio e a unidade do equipo, que non perdeu a esperanza e, pouco a pouco, fixo valer o seu mellor xogo colectivo para superar ao rival.
Goles do Casás:
Yerai
Samu
Pablo (2)
Diéguez (3)
Destacados:
Todo o equipo, polo esforzo e traballo colectivo que levou a esta remontada.
Frase do adestrador Ángel:
«O Casás gañou o partido tras unha mala primeira parte, pero cun gran sacrificio no segundo tempo.»*
Todos os xogadores do Casás saltaron á pista co brazalete verde da loita contra o cancro.
Con esta victoria, o equipo de Casás volve a afianzar a súa posición na zona tranquila da táboa, mirando xa ao próximo encontró fora da casa , onde se enfrontarán ao Narón O Freixo, equipo que tamén se atopa na parte cómoda da clasificación.

