Connect with us

Fútbol Sala

Casás reina tras un derbi de poder a poder ante Lugo Sala infantil

Igualdade máxima, alternativas constantes e emoción ata o último segundo nun duelo moi competido.

Infantil Preferente Masculina
Casás 4 – 3 Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 4-3

Aliñación Casás: Pesca, Vilor, Ossian, Ángel, Gayoso
Banquiño Casás: Telmo, Sebas, Nico Varela
Aliñación Lugo Sala: Asier, Villa, Enzo, Pedro, Iker Rojo
Banquiño Lugo Sala: Dani Lombardero, Iker Ramos, Gael, Eric, Antón

Goleadores:
Casás: Ossian (2), Ángel, Gayoso
Lugo Sala: Enzo, Iker Rojo, propia portería

Destacados da xornada:
Casás: Ossian, Ángel, Gayoso
Lugo Sala: Enzo, Iker Rojo, Pedro

Resumo do partido:
O derbi infantil entre Casás e Lugo Sala Acasti Reformas estivo marcado pola igualdade desde o primeiro minuto, cun ritmo alto e numerosas ocasións para ambos conxuntos. Na primeira parte, Casás conseguiu adiantarse no marcador en accións puntuais, mentres que os de Álvaro responderon con bo xogo ofensivo e tiveron opcións claras para marcar, incluído un dobre penalti que non puido converter. O marcador ao descanso reflectía un axustado 2-1. Nada máis comezar a segunda metade, Lugo Sala logrou o empate, mantendo vivo un partido cheo de alternativas. Casás volveu poñerse por diante grazas á súa insistencia ofensiva e ao bo traballo colectivo, mentres que Lugo Sala non deixou de competir en ningún momento. Nos minutos finais, tras un tramo de gran solidez defensiva dos paquenos de Frei, chegou o cuarto tanto que resultaría decisivo, aínda que Lugo Sala dispuxo dunha última oportunidade cun dobre penalti a falta de cinco segundos para o final. O encontro pechouse cun 4-3 que reflectiu a máxima igualdade vivida sobre a pista.

Claves do partido:
Casás: O traballo defensivo nos momentos decisivos.
Lugo Sala: Os detalles marcaron a diferenza.

Frase de Frei:
«Buena victoria trabajada de este gran grupo.»

Frase de Álvaro:
«Nos toca seguir compitiendo a este nivel.»

Próximo enfrontamento:
Casás viaxará a Ferrol para medirse a O Parrulo na próxima xornada, mentres que Lugo Sala Acasti Reformas tiña previsto desprazarse á Coruña para xogar contra o 5 Coruña, aínda que o encontro queda suspendido polas convocatorias coa selección galega.

Advertisement