Connect with us

Fútbol Sala

Casás pecha a tempada cos deberes feitos tras seis vitorias consecutivas

O equipo de Frei suma a sexta vitoria consecutiva nun partido de moita intensidade

Alevín Preferente Masculina
Casás  – Lago Sport
Resultado ao descanso: 3-1
Resultado final: 5-4

Aliñación: Anxo, Raúl, Alex, Pablo Arias, Dani
Banco: Eloi, Andrea, Nico, Enzo
Goleadores: Pablo Arias 2, Dani , Enzo e Nico

Resumo do partido:
A primeira parte foi un exemplo de bo xogo colectivo por parte de ambos os equipos. O Casás saíu con gran intensidade e, en tan só 15 minutos, xa se puxo 3-0 no marcador cunha rápida reacción ofensiva. Lago Sport logrou recortar distancias antes do descanso, deixando o marcador en 3-1.

Na segunda parte, o partido fíxose moito máis aberto. Lago Sport apertou e conseguiu empatar practicamente de forma consecutiva, situando o marcador en 3-3 e xerando incerteza no encontro. Con todo, os pequenos de Frei non baixaron os brazos, e tomaron de novo a iniciativa volvendo poñerse por diante cun gol de Pablo Arias para o 4-3. Os das Pontes non desistiron e empataron de novo, xa no tramo final, pero Pablo Arias volveu a aparecer para anotar o gol decisivo no minuto 39, deixando o definitivo 5-4. O Casás pechou a liga cunha gran victoria ante un gran rival, mostrando carácter e un xogo moi sólido durante todo o encontro.

Clave do partido: A gran actuación do equipo durante todo o encontro, tanto con balón como sen balón.

Frase de Frei: “Darle la enhorabuena a este gran grupo tras realizar una grandísima vuelta, terminando la liga con una muy buena victoria ante un gran rival.”

Próximo enfrontamento: O Casás queda encadrado no subgrupo 1B da Copa, xunto con outros dous equipos lucenses, o Lugo Sala e A Piringalla, así como o seu próximo rival, o Hércules FS.

Patrocinio