Connect with us

Fútbol Sala

Casás logra a súa sétima vitoria consecutiva e manten a súa dinámica imparable

Gran triunfo colectivo que reflicte a excelente racha de xogo e resultados do equipo.

Preferente Xuvenil
Casás 6 – 2 ADFS Bueu
Resultado ao descanso: 4-1
Resultado final: 6-2

Aliñación: Álvaro, Bruno, Samu, Pablo, Diéguez
Banquiño: Fente, Jorge, Isra, Carballo
Goleadores: Samu (2), Diéguez, Bruno (3)
Destacados da xornada: Destacar o traballo de equipo

Resumo do partido:
O Casás afrontaba este partido coa vista posta en seguir mantendo a súa boa racha de resultados e sobretodo no xogo grupal, e o equipo non defraudou. Dende o pitido inicial, Casás tomou o control do partido e non permitiu que o rival se asentase no xogo. A circulación de balón foi rápida e efectiva, e a presión constante sobre o Bueu permitiu recuperar múltiples balóns perigosos. Con esa dinámica, os lucenses lográron adiantarse rapidamente, e ao descanso xa levaban unha cómoda vantaxe de 4-1.

Na segunda parte, Casás seguiu manténdose firme tanto no plano defensivo como ofensivo, mantendo a súa intensidade durante todo o partido. A boa coordinación entre as liñas fixo que o rival tivera poucas opcións de perigo. O xogo mantívose controlado en todo momento, cos de Ángel xerando boas ocasións e ampliando a súa vantaxe ata o definitivo 6-2. A sólida actuación de todo o equipo, destacando o traballo colectivo, foi fundamental para consolidar esta vitoria, que fai que os lucenses sexan o equipo máis en forma da categória. Con ela, Casás segue na súa imparable progresión na liga, demostrando que a súa boa forma non é casualidade.

Clave do partido:
O traballo colectivo e a continuidade no ritmo defensivo e ofensivo.

Frase de Ángel:
«Mut satisfechos con la concentración y el orden táctico del equipo; seguimos trabajando para mantener este nivel en cada partido.»

Próximo enfrontamento:
Casás terá derbi provincial contra Meigallos no Chanto, un encontro que promete moita intensidade e bo xogo por parte dos dous equipos lucenses.

Advertisement