Connect with us

Fútbol Sala

Casás infantil segue cotizando ao alza tras unha nova vitoria

Os lucenses, cun gran traballo colectivo, superan a un combativo Noia nun final de máxima tensión.

Infantil Preferente Masculina
Casás 5 – 4 Noia FS
Resultado ao descanso: 3 – 3
Resultado final: 5 – 4

Aliñación: Pesca, Gayoso, Ossian, Ángel, Telmo
Banquiño: Vilor, Varela, Sebas, Nico López
Goleadores: Ángel (2), Varela (2), Ossian (1)

Resumo do partido:
O Casás tivo un inicio complicado, recibindo dous goles nos primeiros minutos do partido, o que puxo ao equipo local a remolque dende o principio. Sen embargo, a resposta foi rápida e positiva. Ángel logrou reducir a vantaxe no minuto 11 co primeiro gol para os lucenses, e pouco despois, Varela cunha gran actuación conseguiu dar a volta ao marcador cun doblete no15 e no 18. Os de Frei parecían ter o control, pero Noia non deu o brazo a torcer e logrou empatar o encontro a 3 goles antes de chegar ao descanso, cunha primeira parte chea de emoción e competitividade por parte dos dous equipos.
Na segunda metade, Casás saíu con moita máis intensidade e non tardou en poñerse por diante grazas a un gol de Ángel, poñendo o 4-3 no marcador . Pouco despois, ampliaron a vantaxe ao 5-3, mostrando un dominio máis claro, pero os visitantes non baixaron os brazos e, a falta de 4 minutos, recortaron distancias para poñerse a un só gol. O tramo final do partido foi de máxima tensión, os lucenses xogando ao límite para manter a vantaxe, sen permitir que o rival lograse o empate. Finalmente, os locais conseguiron levarse os tres puntos nun final moi apretado. Con esta vitoria, Casás mantén a súa impresionante racha de seis vitorias consecutivas.

Clave do partido:
A capacidade de reacción tras cada golpe recibido e a mentalidade competitiva ata o último minuto.

Frase de Frei:
«O equipo demostrou personalidade e non deixou de crer nunca. Esta é a actitude que nos fai crecer.»

Próximo rival:
Ribeira – Casás será o próximo partido, un derbi local que sitúa a Lugo no epicentro do futbol sala galego infantil.

Advertisement