Connect with us

Fútbol Sala

Casás infantil perde por la mínima ante a Compañía de María

Partido moi igualado no que a falta de acerto condenou ao equipo local

Infantil Preferente Feminina
Casás 1 – 2 Compañía de María
Resultado ao descanso: 1-2
Resultado final: 1-2

Aliñación: Alicia, Carla, Daniela, Cintia, Ximena
Banquiño: Ildara, Sarai, Uxía, Nerea, Noa Castro
Goleadora: Uxía
Destacadas da xornada: Todas as xogadoras

Resumo do partido:
O Casás competiu, nun partido moi igualado, ante da Compañía de María, logrando estar por diante no marcador durante un tramo do primeiro tempo. A pesar de xogar ben e de crear boas ocasións, a falta de acerto nas finalizacións penalizou moito ao equipo, que viu como dous goles do rival en apenas un minuto fixeron dano e deixaron o marcador a favor das visitantes ao descanso .
Na segunda metade, o partido continuou polos mesmos derroteiros, con ambos equipos creando varias ocasións de gol. As lucenses, sen embargo, non foron capaces de materializar as súas ocasións, mentres que o rival estivo algo máis fino, conseguindo manter a vantaxe e levarse a vitoria por 1-2, un resultado que non reflicte o gran esforzo das xogadoras de Juan Carlos.

Clave do partido: A efectividade do rival, no momento clave foi determinante

Frase de Juan Carlos: “Con el trabajo llegarán los resultados, vamos por el buen camino. Darle la enhorabuena a todas las niñas por el trabajo realizado.”

Próximo enfrontamento: Ribeira, nun encontro onde o Casás buscará despedir esta parte da tempada do mellor xeito posible.

Advertisement