Os de Frei dominan de principio a fin e logran unha vitoria clara por 5-0.
Infantil Masculino, Copa Galicia, Subgrupo 1C
Casás 5 – 0 Narón O Freixo
Resultado ao descanso: 3 – 0
Resultado final: 5 – 0
Aliñación: Peska, Gayoso, Ossian, Ángel, Vilor
Banco: Nico López, Sebas, Telmo
Goleadores: Propia porta, Ángel 2, Ossian e Vilor
Destacados da xornada: 1- Ángel. 2- Vilor. 3- Nico López.
Resumo do partido:
A primeira parte foi moi seria por parte de Casás. Dende o inicio, o equipo lucense controlou o ritmo do encontro e xerou moitas ocasións, grazas ao seu xogo combinativo. Ese bo traballo deu os seus froitos, co 3-0 ao descanso. Narón, porén, tivo algunhas ocasións a través de contragolpes, pero os porteros de Casás estiveron moi acertados e non permitiron que o rival se achegase no marcador.
Na segunda metade, Narón saíu con máis intensidade, tentando reducir diferenzas, pero os rapaces de Frei mantiveron o seu plan de xogo, xerando novas ocasións e ampliando a vantaxe co cuarto gol. Nos minutos finais, Narón sacou portero xogador, pero sen moito perigo. Os lucenses pecharon o partido cunha boa defensa colectiva e conseguiu o derradeiro gol, deixando o marcador final en 5-0.
Clave do partido:
O gran xogo do equipo durante todo o encontro.
Frase de Frei:
«Darle la enhorabuena a los niños por la victoria pero sobre todo por el gran juego realizado.»
Próximo rival:
O próximo rival en copa será O Esteo.