
Na última xornada da liga regular, o CP Casás demostrou carácter e madurez competitiva cunha vitoria contundente ante un rival de entidade como O Parrulo Ferrol, que rematou primeiro na Liga. Nun partido disputado na sempre esixente pista de Frigsa, os locais souberon impoñer o seu ritmo dende o asubío inicial, certificando cun 5-2 o bo traballo realizado durante toda a tempada.
CP CASÁS 5 – 2 O Parrulo F.S
Descanso 4 – 0
Na Casa do Deporte de Frigsa
ALINEACIÓN INICIAL :
Álvaro · Bruno · Samuel · Fente · Paul
BANQUIÑO:
Cereijo · Lois · Jacobo · Ian · Israel
1ª Parte: Solidez defensiva e efectividade arriba
O Casás saíu moi metido no encontro, cunha defensa alta e organizada que non deu opcións ao rival. A presión foi asfixiante e anulou as saídas do Parrulo, obrigándoos a recorrer a balóns longos sen perigo. Ao tempo que o traballo atrás era impecable, arriba os lucenses mostraban claridade na toma de decisións e tino fronte á portería, chegando ao descanso cun sólido 4-0 no marcador.
2ª Parte: Reacción visitante e resposta madura do Casás
Na reanudación, os ferroláns saíron con máis intensidade e conseguiron dous goles rápidos que puxeron certa tensión no encontro. Porén, o Casás non perdeu os nervios, e repregou ben, soubo sufrir ante a presión rival e mesmo ampliou a vantaxe cun novo tanto que devolveu a tranquilidade. Especial mención merece a disciplina táctica amosada na defensa do 5×4, que pechou calquera opción de remontada.
GOLEADORES:
– Samuel (2)
– Cereijo
– Ian
– Israel
OS TRES MELLOR VALORADOS:
3 puntos: Todo o equipo, polo gran traballo colectivo que fixo posible sumar os 3 puntos nun partido esixente.
Clave do partido:
A madurez dos xogadores, que souberon ler o partido e adaptarse ás diferentes fases, foi decisiva para levar os tres puntos.
Declaracións do adestrador, Ángel:
«Gran partido por parte de todo o equipo e estou moi contento cos rapaces. Agardamos seguir nesta liña nos próximos encontros.»
Con esta vitoria, o Casás pecha a fase regular cun sabor doce e a ilusión intacta para os retos que están por vir. Un equipo unido, serio e cun crecemento evidente que segue a medrar xornada tras xornada.

