Connect with us

Fútbol Sala

Casás e Lugo Sala cítanse na próxima xornada na Preferente alevín masculina

O pavillón do Ensanche en Ferrol acolleu un intenso encontro entre O Parrulo F.S. e o C.P. Casás, correspondente á categoría Alevín Preferente Masculino. Os rapaces de Alberto Guizán viaxaron con ilusión á cidade ferrolá, pero non puideron evitar a derrota por 9-1.

Primeira parte: un comezo complicado

O partido arrincou cunha forte presión do conxunto local que, dende o primeiro minuto, impuxo un ritmo alto. O Casás, que lle custou adaptarse ao estilo de xogo rival, cometía varios erros defensivos que foron aproveitados por O Parrulo para facerse co dominio do marcador. Tras un par de fallos en defensa, o primeiro gol chegou cedo, seguiuno outro pouco despois, deixando aos rapaces de Guizán sen moitas opcións para reaccionar. O Parrulo non perdoou e logrou marcar tres goles máis, pechando a primeira metade cun 5-0 que parecía case insalvable.

Segunda parte: mellora no xogo, compromiso coléctivo

Na reanudación, o equipo de Casás amosou unha mellora clara nos aspectos defensivos e tamén en ataque. O conxunto lucense, aínda que con mellores movementos e maior control, non puido conter a superioridade do rival, que seguiu a súa andaina imparable no marcador. A pesar de todo, o Casás non baixou os brazos e loitou ata o final. O gol da honra chegou de parte de Lucas, que pechou a súa actuación con un gol tras unha boa xogada.  O Parrulo seguiu a súa dinámica e lograron algún gol maís, rematando o encontro cun 9-1 final.

Destacados

Os mellores do partido foron, sen lugar a dúbidas, Martín López, quen foi o máis valorado coas súas intervencións defensivas e presencia no campo. Lucas tamén foi un dos xogadores destacados, marcando o único gol do Casás e achegando dinamismo ao xogo. Manu, pola súa banda, foi recoñecido polo seu compromiso e esforzo ao longo de todo o encontro, merecendo o terceiro posto entre os mellores. Cabe destacar ao equipo en conxunto , o esforzo, compromiso e seriedade á hora de afrontar os partidos , e de reseñar .

Alineación do C.P. Casás:

Xoel Álvarez Carballes, Pablo Arias González, Martín López Sarceda, Bruno Pereira Rey, Lucas Climent

Banquiño:

Eduardo González Armesto, Martín Romay Francos, Martín Fernández Novo, Manuel Murado

Goles:

– Lucas Climent

Frase do adestrador Alberto Guizán:

«Dar a noraboa aos rapaces polo esforzo realizado. Seguiremos traballando para mellorar e afrontar o seguinte partido con máis confianza.»

O vindeiro fin de semana, o C.P. Casás terá a oportunidade de medirse nun dos derbis capitalinos ante Lugo Sala, un partido que sempre xerou gran expectación entre os afeccionados ao fútbol sala na cidade. Unha oportunidade para que os pequenos amosen a súa melloría na competición.

Patrocinio