Un final tolo resolve un encontro moi aberto no que a Piringalla perdoou e o Casás non baixou os brazos
Alevín Preferente Masculino
Casás vs A Piringalla Huno peluqueros
Resultado ao descanso: 0–1
Resultado final: 2–1
Aliñacións:
Casás: Anxo, Martín, Enzo, Nico, Dani
Piringalla: Thiago (P), Martiño, Mateo, Izan, Pelayo
Banquiños:
Casás: Andrea, Leo, Pablo Arias, Eloi, Romay, Alex
Piringalla: Xosé, Samuel (P), Sergio, Nico Meilán, Lozano, Bosco
Goleadores:
Casás: Pablo Arias, Martín Romay
Piringalla: Nico Meilán
Destacados da xornada:
Piringalla: Pelayo, Nico Meilán, Bosco
Resumo do partido:
O derbi alevín comezou cunha Piringalla pouco acertada e desconcentrada nos primeiros minutos, circunstancia que obrigou ao seu adestrador a solicitar axiña un tempo morto. A partir dese momento, o equipo visitante deu un paso adiante, empezou a recuperar balóns en zona alta e nunha desas accións chegou o gol de Nico Meilán, que puxo o 0–1. O Casás xerou boas ocasións durante a primeira metade e deixou sensacións positivas no xogo, pero foi un erro puntual o que marcou a diferenza antes do descanso. Na segunda parte, a Piringalla dispuxo de varias ocasións claras para sentenciar o encontro, incluído un man a man de Pelayo e un remate a porta baleira de Bosco que saíu rozando o pau. De tanto perdoar, o Casás atopou premio cando, a falta de apenas 12 segundos, conseguiu o gol do empate. Co partido xa roto, o saque de porta rápido, tras disparo da Piringalla dende o centro, acabou cun balón longo do porteiro local que sorprendeu á defensa visitante, chegando o 2–1 definitivo no último segundo. Un final cruel para a Piringalla e cheo de épica para un Casás que nunca deixou de crer.
Clave do partido:
A falta de acerto da Piringalla nas ocasións claras e a gran actitude dos dous equipos durante todo o encontro.
Frases dos adestradores:
Frei (Casás): “Muy contento por esta importante victoria de este grupo que sigue mejorando día a día.”
Juan (A Piringalla): “Este resultado no tiene explicación, igual que nos está pasando en las últimas jornadas, pero no nos vamos a rendir.”
Próximos enfrontamentos:
O Casás medirase ao Alto do Vento na próxima xornada.
A Piringalla enfrontarase ao 5 Coruña FS co obxectivo de reverter a dinámica e recuperar sensacións.