O CP Casás despediu a tempada regular cunha derrota ante o Narón O Freixo nun encontro no que o resultado non reflicte fielmente o esforzo e o bo xogo despregado polo conxunto lucense, especialmente durante os primeiros vinte minutos. O duelo, disputado no Pavillón das Lagoas, deixounos un espectáculo de fútbol sala intenso e cargado de aprendizaxe para os mozos de Alberto Guizán.
Alineación inicial do Casás: Martín – Hernán – Telmo – Erik – Hugo
Banquiño: Álvaro, Adrián, Kike
Primeira metade: dominio sen premio
O arranque do partido foi claramente favorable para o Casás, que logrou impor o seu ritmo e controlar a posesión durante case toda a primeira parte. Os lucenses xeraron varias ocasións claras, pero a falta de acerto de cara a portería e as boas intervencións do porteiro rival impediron que se reflectise no marcador. O gol de Hernán deixou o marcador igualado ao descanso (1-1), resultado que non facía xustiza ao traballo dos visitantes.
Segunda metade: baixón defensivo e castigo excesivo
Na reanudación, o guión mantívose por momentos os lucenses seguían dominando e creando perigo, pero pouco a pouco comezou a baixar o nivel defensivo. Esa pequena desconexión foi aproveitada con dureza polo Narón O Freixo, que amosou máis pegada nos momentos decisivos. Os goles de Erik e Hugo mantiveron vivo o soño da remontada, pero finalmente o marcador pechouse cun 5-3 que deixa un sabor agridoce.
Os mellores do Casás:
Nesta ocasión, todo o equipo merece recoñecemento polo esforzo e a entrega mostrados ata o final.
A clave do partido:
O bo xogo do Casás durante gran parte do encontro non foi suficiente para contrarrestar os erros puntuais na defensa, que acabaron sendo decisivos.
Declaración do adestrador, Alberto Guizán:
“Dar a noraboa aos rapaces por este partido.”
Con este encontro, o Casás pecha a tempada regular cunha sensación positiva, despois de asegurar a permanencia tres xornadas antes do final. Sen presión clasificatoria, os de Guizán afrontaron o duelo con espírito competitivo e ganas de aprender, valores que seguirán guiando o camiño deste grupo nas vindeiras tempadas.