O C.P. Casás pechou a Liga Regular cunha visita ao sempre complicado Pavillón de As Lagoas, onde se enfrontou ao Narón O Freixo nun partido que rematou con vitoria contundente para os locais por 11-3. A pesar do resultado, o equipo lucense deixou sobre a pista un exemplo de loita, intensidade e compromiso durante os 40 minutos de xogo.
Alineación inicial do Casás: Xoel, Manu, Romay, Edu, Martín López
Banquiño: Lucas, Martín Fernández, Juan
Goleadores do Casás:
– Martín López (2)
– Manu
Primeira parte
O inicio do encontro foi igualado en intensidade, cun Casás valente e sen complexos, pero a pegada do Narón O Freixo fixo a diferenza. A efectividade dos locais nas chegadas á área acabou castigando duramente aos de Alberto Guizán, que se foron ao descanso cun 7-1 no marcador, un resultado excesivo para o visto na pista.
Segunda parte
No segundo tempo, o guión mantívose. O Casás seguiu competindo con entrega, pero os erros defensivos en momentos clave facilitaron os tantos dun Narón que non perdoaba. O equipo visitante buscou a portería rival con valentía, logrando dous goles máis, pero os locais souberon aproveitar cada concesión para ampliar a súa vantaxe.
Os tres mellores do Casás:
Todo o equipo, polo enorme esforzo e a entrega mostrada ao longo do partido, sen baixar os brazos en ningún momento.
Clave do partido:
A gran eficacia de cara a portería do Narón O Freixo foi determinante para o resultado final.
Declaración do adestrador, Alberto Guizán:
“Dar a noraboa aos rapaces por este gran partido.”
Con este encontro, o Casás pon fin á súa participación na Liga Regular, deixando unha imaxe de grupo unido e combativo, cunha gran marxe de mellora e unha prometedora proxección para o futuro.