Connect with us

Fútbol Sala

Casás despedirá a Preferente xuvenil en Marín

O C.P. Casás afrontaba esta penúltima xornada da Preferente Xuvenil sen presión clasificatoria, pero co reto de ofrecer unha imaxe sólida diante dun dos equipos máis potentes da categoría, o Pescados Rubén Burela F.S.. O encontro, disputado na Casa do Deporte de Frigsa, saldouse cun duro correctivo para os locais, que caeron por 2-14, tras un primeiro tempo moi desfavorable (0-7).

Alineación do Casás : Jandro – Manu – Samu – Yerai – Manu Diéguez 

Banquiño:Carballo, Leiva, Mateo, Hugo, Nico, Jorge, Pablo

Goleadores do Casás:- Samu- Jorge

Primeira metade: un vendaval mariñao

Desde o primeiro minuto, o Burela impuxo un ritmo trepidante e un dominio absoluto en todas as facetas do xogo. O Casás viuse superado técnica e mentalmente, acusando especialmente unha preocupante falta de intensidade defensiva. Os visitantes atopaban espazos con facilidade e aproveitaban cada erro para castigar con goles. O 0-7 ao descanso falaba claro da diferenza sobre a pista.

Segunda metade: tímida reacción e goles da honra

Na reanudación, a lixeira relaxación do Burela permitiu ao Casás xerar algo máis en ataque. Fruto dese empuxe chegaron os dous goles da honra, obra de Samu e Jorge, que maquillaron levemente o marcador. A pesar diso, os erros defensivos seguiron sendo a tónica e os visitantes non perdoaron para ampliar aínda máis a súa renda ata o 2-14 final.

Clave do partido:

A superioridade física e técnica do Burela sumada á falta de actitude defensiva dos capitalinos, sobre todo na primeira metade, foron determinantes para a avultada diferenza no marcador.

Declaración do adestrador, Ángel:

“Debemos traballar no aspecto defensivo grupal para que non volva pasar isto en máis ocasións”

O Casás pechará a liga na vindeira xornada visitando ao Marín Futsal, nun partido sen implicacións clasificatorias pero que servirá para seguir mellorando e poñer o foco xa na vindeira tempada.

Patrocinio