Connect with us

Fútbol Sala

Casás debutou na Copa infantil feminina

O pasado sábado, no Pabillón O Conco de Dumbría, disputouse a primeira xornada do grupo 1 da Copa Infantil Feminina, na que o equipo do Casás se enfrontou ao Fisober Dumbría nun partido cheo de aprendizaxe e esforzo por parte das xogadoras. A pesar da derrota por 4-0, o equipo lucense demostrou, como sempre, a súa actitude de loita e mellora continua, centrada na formación e no traballo en equipo.

Resultado ao descanso; 2-0

Resultado final: 4-0

Alineación do Casás :

Cintia, Alba, Ximena, Aurora, Saray 

Banquiño:

Alicia, Daniela

Primeira parte:

A primeira parte comezou cun Casás que fixo un bo traballo defensivo e mostrou boas intenccións no xogo, pero a falta de acerto nas transicions e na finalización impediu que lograran marcar. O rival, Fisober, aproveitou dúas xogadas de estratexia para adiantarse no marcador, cun 2-0 ao descanso que parecía moito máis amplo do que reflexaba o esforzo das xogadoras de Juan Carlos.

Segunda parte:

Na segunda metade, o equipo de visitante, cun plantel reducido e co esforzo físico de todas as xogadoras notándose, viu como o Fisober aproveitaba a súa superioridade en canto a frescura física para marcar outros dous goles. Aínda así, as xogadoras do Casás non baixaron os brazos e tiveron varias ocasións claras que non conseguiron materializar, pero que demostran a súa capacidade para seguir loitando e mellorando.

A clave do partido:

A clave do encontro foi, sen dúbida, a actitude de todas as xogadoras. Aínda que o resultado non foi favorable, o técnico Juan Carlos subliñou a importancia do traballo en equipo e a formación das xogadoras por riba do resultado final. «Este partido debe ser un paso máis na nosa mellora, e a actitude das rapazas é exemplar, estamos no camiño correcto», comentaba o adestrador.

A frase de, Juan Carlos:

«As rapazas saben que a súa actitude e a súa unión poden cambiar as cousas, e isto é o que estamos facendo nestes últimos partidos. Non somos capaces de plasmar todo o que traballamos na pista, pero seguimos coa ilusión e as gañas de mellorar.»

A pesar da derrota, o Casás continúa cunha mentalidade positiva, centrada en aprender de cada partido. A xornada 2 da Copa leva ás xogadoras do Casás a enfrontarse contra o Lago Sport en As Pontes, un novo reto no que seguirán loitando por mellorar en cada aspecto do seu xogo.

Próximo partido:

Lago Sport vs Casás, Xornada 2 – Copa Infantil Feminina, Grupo 1.

Patrocinio