A intensidade e as ocasións non foron suficientes para un Casás que viu condicionada a súa xogo polos erros arbitrais.
Preferente Cadete Masculina
Alto do Vento – Casás
Resultado ao descanso 2-2
Resultado final 4-2
Alineación David, Isra, Erik, Kike, Raúl
Banquiño Hernán, Lucas, Xoel
Goleadores Raúl, Erik
Destacados da xornada Isra, Raúl, Erik
Resumo do partido
O Casás e o Alto do Vento ofrecéronlle á afección unha primeira parte moi dinámica, cun ritmo moi alto e numerosas ocasións para ambos equipos. Os xogadores de Casás foron capaces de manter o nivel de intensidade durante os primeiros 20 minutos, igualando o marcador a 2 goles antes do descanso. Na segunda parte, o equipo luguiño saíu con moita intensidade, pero as accións antideportivas do rival, sumadas á permisibilidade arbitral, condicionaron o transcurso do partido. A pesar de seguir loitando e xerando ocasións, o Casás non logrou superar ao Alto do Vento, que se aproveitou destas situacións para conseguir dous goles máis e pechar o encontro cun 4-2 definitivo.
Clave do partido
As numerosas faltas non pitadas condicionaron o xogo e resultado final.
Frase do adestrador
«Hay cosas contra las que no podemos competir pero por eso quiero felicitar a mis chicos por el comportamiento dentro y fuera de la pista.»
Próximo enfrontamento
Casás recibe a Galicia Gaiteira no seu campo, buscando retomar o camiño da vitoria.